Esta obra foi concebida como parte dunha carpeta denominada ÉPICAS.
Composta por cinco láminas de 14,8x21cm impresas a partir de orixinais feitos por A Flaira María Rodríguez e que irán aparecendo ao longo dos anos 2017 e 2018.
1.- A Forquita das Encrobas. Data de saída 17 maio de 2017.
2.- Fouces. Castrelo de Miño. O soño sulagado. Data de saída outubro 2017.
3.- Baldaio. Título provisional. Data de saída febreiro 2018.
4.- Reconversión Naval. Título provisional. Data de saída xuño 2018.
5.- Nunca máis. Título provisional. Data de saída outubro 2018.
Todas as láminas terán as mesmas medidas e características de impresión e formarán parte dunha edición única e limitada de 90 exemplares numerados, asinados e certificados.
Cada obra será presentada en carpeta individual e impresa sobre papel “Velin de Arches” de 315 gramos. Ao final do proxecto entregarase unha carpeta conxunta para albergar as cinco obras co título ÉPICAS.