“Unha obra que se multiplica ten o mesmo valor ca un óleo, un debuxo ou calquera outra obra que se fixo individualmente, da que se producíu unha peza. Estou a falar de facer múltiples da miña obra. É a xente, máis que o artista, a que aspira ter unha obra única, a propia, a que adquiriu ou lle regalaron. O artista, en cambio, limitado antes polo óleo, agora con todos os medios ao seu dispor, ansía ver “multiplicada” a súa obra para chegar a un maior número de xente”.
.Luís Seoane. Abril de 1972.
Peixes Yoff é obra múltiple realizada a partir de orixinal en acuarela. Inspirada na pesca artesanal en Yoff- Senegal durante unha estancia no ano 2017.
Impresión Glicée sobre papel Canson 310 gr.
20 exemplares, certificados e numerados.
Prezo por unidade: 100 €.