A Flaira é un territorio, un lugar ocupado.

Flairas no seu territorio: A FLAIRA.
Gouache sobre papel. 2015.
Texto de Julia Hernández Fernández.
Unha recostada, a discorrer en chambonadas; outra máis ascendida, acadando o acomodo imposíbel. E a terceira, que trata de agochar só a metade do que sinte. As tres perciben máis do que quixeran.
Liques entre brétemas, árbores descarnadas, herbas, mofos feiticeiros. Outro mundo da Flaira.