SPECULA MARIS

SPECULA MARIS. Acción artística

Que é Specula Maris?

Unha exposición e unha intervención plástica ao vivo, proposta pola artista “A Flaira María Rodríguez” como un proceso creativo continuado e extendido no tempo, que busca a interacción co público como unha compoñente máis da obra.

Na sociedade da inmediatez virtual, unha presenza artística demorada e continuada nun escaparate comercial terá como obxectivo e fin a execución ao vivo da obra plástica. Interacción público-artista que durante quince días será entendida como o principal formato desta proposta.

Onde está Specula Maris?

Specula Maris, lentes mariñas, só podería ter lugar en sinerxía cun establecemento comercial apropiado. En colaboración coa óptica miraparamín terá lugar do 15 ao 30 de novembro de 2023 nas súas instalacións, no escaparate e no seu espazo expositivo.

SPECULA MARIS ten dous focos: Intervención ao vivo no escaparate, e exposición permanente nas propias instalacións da óptica.

Unha vez máis a artista coruñesa “A Flaira María Rodríguez” afonda na busca de novos espazos e de novos públicos. Nesta ocasión miraparamin potencia a intencionalidade artística da proposta co léxico asociado ao seu día a día comercial: lentes, reflexión, enfoque, visionado, cristalino… complementan Specula Maris.

Porqué Specula Maris?

A acumulación intencionada de centos de peixes sobre diferentes soportes é o centro desta proposta artística, peixes no escaparate, nas roupas, no papel, no lenzo, en coiro, ou sobre metal… as obras expostas conforman unha serie que comezou no 2017 e que poderá visonar conxunta por primeira vez nesta ocasión.

SPECULA MARIS como proposta pódese interpretar como unha metáfora da sobreexplotación dos recursos mariños en contraposición a unha loa á biodiversidade oceanográfica. Obsesión artística que propón unicamente os peixes repetidos até o infinito como exclusivos protagonistas da obra exposta. 

SPECULA MARIS. Acción artística

Ficha técnica

Artista: A Flaira María Rodríguez

Lugar: miraparamin ópticos

Rúa Cordonería 1, baixo – 15001 A Coruña

Datas: 15 a 30 novembro de 2023

Intervención artística ao vivo de 11.00 a 14.00 h

Contacto: 669 506 304 – www.aflaira.eu – Instagram: @a_flaira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*