A Flaira é o territorio ocupado polas flairas. O meu alter ego para comunicar, a través da creación de imaxes, os meus pensamentos.
Neste territorio ocupado xúntanse a orixe co presente e os desexos co futuro.

Docente especializada na aplicación das artes plásticas para a Educación Infantil e na experimentación de diferentes formatos e soportes no campo artístico e pedagóxico.
As vivencias no rural das Mariñas, na Costa da morte, o compromiso social, a relación con artistas como Chelo Facal ou Xaime Cabanas, a participación en colectivos artísticos libertarios (participación en fanzines, A Coruña, anos 80) , Arte na rúa (murais de interveción social, Malpica, anos 90) ou Independencia 28 ( A Coruña, 2016) xunto coas estadías artísticas no continente africano (Cabo Verde, Tarrafal 2014; Senegal, Île de Gorée 2015- 2016; Senegal, Saint Louis, 2017; Gambia- Cassamance, 2018; Guiné Bissau Bijagós 2019), centradas na plástica da figura feminina e no empoderamento vital da muller africana; conforman a miña obra.

Na actualidade estou centrada nos seguintes proxectos:

Na experimentación e aplicacións da arte sobre coiro, téxtil e obxectos con valor artístico de seu, sen uso, que rescato e interveño creando unha nova obra derivada.

Nos proxectos: Redeiras, Peixes Yoff, Flairas ou Épicas nos que sigo traballando.

Na creación pictórica dixital.

Colaboro coa Asociación SOS Encrobas que emprega A forquita das Encrobas como logotipo nas súas movilizacións e reivindicacións sociais a que cedo os dereitos de reprodución para este uso.

Paralelamente exerzo labores de asesoramento artístico para Ouvirmos s.l.

GALA DÍA DA MULLER, TEATRO COLÓN. A CORUÑA, 2018.




A FORQUITA DAS ENCROBAS.
A FORQUITA DAS ENCROBAS.


CAPA DO LIBRO DISCO: BAILAR SE TRATA DE ESO.
CAPA DO LIBRO DISCO: BAILAR SE TRATA DE ESO.
EMILIA, UNHA COMPAÑEIRA MÁIS.MURAL REALIZADO PARA O CEIP EMILIA PARDO BAZÁN. A CORUÑA, 2017.
EMILIA, UNHA COMPAÑEIRA MÁIS. MURAL REALIZADO PARA O CEIP EMILIA PARDO BAZÁN. A CORUÑA, 2017.
COLECTIVO INDEPENDENDENCIA 28
COLECTIVO INDEPENDENDENCIA 28
PARTICIPANDO NO AGROCUIR
PARTICIPANDO NO AGROCUIR
ACRÍLICO SOBRE LENZO. 90X62cm. SENEGAL 2016.
ACRÍLICO SOBRE LENZO. 90X62cm. SENEGAL 2016.
ÎLE DE GORÉE. SENEGAL, 2015.
ÎLE DE GORÉE. SENEGAL, 2015.
EXPOSICIÓN ARCA DA NOE. VILAR DE SANTOS, OURENSE, 2016.
EXPOSICIÓN ARCA DA NOE. VILAR DE SANTOS, OURENSE, 2016.
EXPOSICIÓN LIBRERÍA EIXO. OURENSE. MAIO 2017.
EXPOSICIÓN LIBRERÍA EIXO. OURENSE. MAIO 2017.
PARTICIPANDO CO COLECTIVO FOTOGRÁFICO CAOS. 2017.
PARTICIPANDO CO COLECTIVO FOTOGRÁFICO CAOS. 2017.
Parte da curtametraxe feita no CEIP Emilia Pardo Bazán, 2008.