Flaira na pena do equilibrio💕
Dedicatoria con deseño exclusivo para a presentación do libro AS COSTAS DO ALÉN en Ponteareas!!!
Mércores 25, ás 19:30h., na Librería Milfollas, xunto co autor dos textos Cone Juan Morado.

Flaira na pena do equilibrio💕
Dedicatoria con deseño exclusivo para a presentación do libro AS COSTAS DO ALÉN en Ponteareas!!!
Mércores 25, ás 19:30h., na Librería Milfollas, xunto co autor dos textos Cone Juan Morado.
“Todos temos unha enerxía na caluga, coma un lixeiro vento, que nos mantén na singladura da existencia. Un vento familiar e comunal que nos conduce na vida coma o compás dunha embarcación.”
Fernando Juan Morado, Cone.
San Roque, 7 Bajo – 15011 – A Coruña (A Coruña)
O sábado 24 fixemos a primeira presentación do libro, en Mondariz,
con performance teatral iniciando o acto e unha coidada producción, dirixida por Xulia Vaz Porto.
Cando pasas perto do ALÈN é doado navegar.
Saúde e fraternidade xentes de Mondariz!
Presentamos o libro: As costas do Alén, este sábado 24 en Mondariz. Fáime moita ilusión💜💜💜estar na vila natal de Cone Juan Morado, compañeiro de proxecto e autor dos textos ilustrados por mín. Esperámosvos😜
MEIRAMA. Flaira armada coa Forquita das Encrobas para defender o territorio do abuso capitalista pasado, presente e futuro. Serie Flairas en tinta. Tinta chinesa sobre papel CANSON 300 gr.
A Flaira é un territorio, un lugar ocupado.
Flairas no seu territorio: A FLAIRA.
Gouache sobre papel. 2015.
Texto de Julia Hernández Fernández.
Unha recostada, a discorrer en chambonadas; outra máis ascendida, acadando o acomodo imposíbel. E a terceira, que trata de agochar só a metade do que sinte. As tres perciben máis do que quixeran.
Liques entre brétemas, árbores descarnadas, herbas, mofos feiticeiros. Outro mundo da Flaira.