Serie A+R+R
Arte + Rescate + Reutilización
Participo con esta obra na exposición colectiva GAIA II, na sala de exposicións do colexio médico. A Coruña.
Serie A+R+R
Arte + Rescate + Reutilización
Participo con esta obra na exposición colectiva GAIA II, na sala de exposicións do colexio médico. A Coruña.
Polos dereitos de todas.
Chelo Facal. Roke Armas. A Flaira. Alberto Franco. Lúa Fraga.
13,14,15 de decembro de 11:00h – 21:00h.
Rúa Capitán Juan Varela 7, baixo 2 ( 0s Mallos). A Coruña.
Participo cedendo os beneficios dunha colección da obra Épicas coa numeración 10/90, a favor de Amnistía Internacional.
Maternidade presente.
Inspirada na miña estancia en Senegal no 2016.
Nai África é a obra coa que participo na expo colectiva Gaia, na galería SPAZO ( A Coruña) 💜 todo o mes de marzo. 55 mulleres artistas.
Inspirada nas mulleres senegalesas e cabo verdianas, realizada durante unha estancia na île de Gorée, Dakar.
Técnica mixta sobre táboa.
Medidas exteriores: 69x77cm.
Enmarcada en madera cor branca.
Coa fraxilidade dun barco de papel é a lenda NUNCA MÁIS ao revés pecha á serie ÉPICAS.
“Unha obra que se multiplica ten o mesmo valor ca un óleo, un debuxo ou calquera outra obra que se fixo individualmente, da que se producíu unha peza. Estou a falar de facer múltiples da miña obra. É a xente, máis que o artista, a que aspira ter unha obra única, a propia, a que adquiriu ou lle regalaron. O artista, en cambio, limitado antes polo óleo, agora con todos os medios ao seu dispor, ansía ver “multiplicada” a súa obra para chegar a un maior número de xente”.
.Luís Seoane. Abril de 1972.
Peixes Yoff é obra múltiple realizada a partir de orixinal en acuarela. Inspirada na pesca artesanal en Yoff- Senegal durante unha estancia no ano 2017.
Impresión Glicée sobre papel Canson 310 gr.
20 exemplares, certificados e numerados.
Prezo por unidade: 100 €.
Enlace para visitar a galería da intervención.
Obra orixinal inspirada nas redeiras. Mulleres que desenvolven un oficio tradicional e artesanal altamente cualificado reparando e confecionando redes das distintas artes de pesca. Na Galiza, na África e no mundo as mulleres son traballadoras do mar non recoñecidas. A lírica das redeiras vai por todas elas.
Tinta chinesa sobre papel Canson 300gr.