Etiqueta: flairas
Luta pela terra.
Participando no proxecto 49 razones con 55 artistash. A forquita das Encrobas simboliza a LUTA PELA TERRA.
Cartaz 8 de marzo, 2020.
Polos dereitos de todas.
Peixes Yoff.
“Unha obra que se multiplica ten o mesmo valor ca un óleo, un debuxo ou calquera outra obra que se fixo individualmente, da que se producíu unha peza. Estou a falar de facer múltiples da miña obra. É a xente, máis que o artista, a que aspira ter unha obra única, a propia, a que adquiriu ou lle regalaron. O artista, en cambio, limitado antes polo óleo, agora con todos os medios ao seu dispor, ansía ver “multiplicada” a súa obra para chegar a un maior número de xente”.
.Luís Seoane. Abril de 1972.
Peixes Yoff é obra múltiple realizada a partir de orixinal en acuarela. Inspirada na pesca artesanal en Yoff- Senegal durante unha estancia no ano 2017.
Impresión Glicée sobre papel Canson 310 gr.
20 exemplares, certificados e numerados.
Prezo por unidade: 100 €.
Redeiras
Enlace para visitar a galería da intervención.
Obra orixinal inspirada nas redeiras. Mulleres que desenvolven un oficio tradicional e artesanal altamente cualificado reparando e confecionando redes das distintas artes de pesca. Na Galiza, na África e no mundo as mulleres son traballadoras do mar non recoñecidas. A lírica das redeiras vai por todas elas.
Tinta chinesa sobre papel Canson 300gr.
Vístete con arte.
Peza única. Vestido de algodón de segundo uso pintado a man.
Vístete con arte.
Peza única. Vestido de algodón de segundo uso pintado á man. Homenaxe ao movemento social: NUNCA MÁIS.
Vístete con arte.
Peza única. Obra orixinal pintada á man sobre cazadora vaquera de segundo uso.
Ilustrando a Gala 16M X 8M no Teatro Colón. A Coruña.
Vídeo EXPO+FLAIRAS, no meu canal de youtube.