Na roupa levamos Grandola💕con orgullo.
Pintada á man s/ camisa de segundo uso.
Modela con salero: Carolina Aldea.





















AGROSENSUALIA, achéganos a un campo de sensualidade na plástica. Imaxes nacidas da observación do territorio é das celebracións paganas, plasmadas con tinta, acuarela, acrílico e óleo sobre papel e lenzo.
Deixo na galeria imaxes das tres intervencións artísticas no marco da exposición AGROSENSUALIA.
_ Café s/ gardanapos ao vivo no, a modo de agasallo.
_ Café e cúrcuma s/ papel cos artistas convidados Chelo Facal e Alberto Franco e participación da cliéntela do café.
_ Pintura s/ roupa branca, ao vivo.


















AGROSENSUALIA, achéganos a un campo de sensualidade na plástica. Imaxes nacidas da observación do territorio é das celebracións paganas, plasmadas con tinta, acuarela, acrílico e óleo sobre papel e lenzo.
SPECULA MARIS. Acción artística
Que é Specula Maris?
Unha exposición e unha intervención plástica ao vivo, proposta pola artista “A Flaira María Rodríguez” como un proceso creativo continuado e extendido no tempo, que busca a interacción co público como unha compoñente máis da obra.
Na sociedade da inmediatez virtual, unha presenza artística demorada e continuada nun escaparate comercial terá como obxectivo e fin a execución ao vivo da obra plástica. Interacción público-artista que durante quince días será entendida como o principal formato desta proposta.
Onde está Specula Maris?
Specula Maris, lentes mariñas, só podería ter lugar en sinerxía cun establecemento comercial apropiado. En colaboración coa óptica miraparamín terá lugar do 15 ao 30 de novembro de 2023 nas súas instalacións, no escaparate e no seu espazo expositivo.
SPECULA MARIS ten dous focos: Intervención ao vivo no escaparate, e exposición permanente nas propias instalacións da óptica.
Unha vez máis a artista coruñesa “A Flaira María Rodríguez” afonda na busca de novos espazos e de novos públicos. Nesta ocasión miraparamin potencia a intencionalidade artística da proposta co léxico asociado ao seu día a día comercial: lentes, reflexión, enfoque, visionado, cristalino… complementan Specula Maris.
Porqué Specula Maris?
A acumulación intencionada de centos de peixes sobre diferentes soportes é o centro desta proposta artística, peixes no escaparate, nas roupas, no papel, no lenzo, en coiro, ou sobre metal… as obras expostas conforman unha serie que comezou no 2017 e que poderá visonar conxunta por primeira vez nesta ocasión.
SPECULA MARIS como proposta pódese interpretar como unha metáfora da sobreexplotación dos recursos mariños en contraposición a unha loa á biodiversidade oceanográfica. Obsesión artística que propón unicamente os peixes repetidos até o infinito como exclusivos protagonistas da obra exposta.
SPECULA MARIS. Acción artística
Ficha técnica
Artista: A Flaira María Rodríguez
Lugar: miraparamin ópticos
Rúa Cordonería 1, baixo – 15001 A Coruña
Datas: 15 a 30 novembro de 2023
Intervención artística ao vivo de 11.00 a 14.00 h
Contacto: 669 506 304 – www.aflaira.eu – Instagram: @a_flaira
Facer o logo da plataforma Encrobas Viva é unha grande honra para mín. No 40 aniversário da loita das Encrobas nace A Forquita das Encrobas comezando a série: ÉPICAS http://aflaira.eu/2017/05/18/epicas/como homenaxe ás loístas históricas galegas.

Intervención sobre tres pezas xa confeccionadas en desuso:
Gabardina de tergal, anos 70, camisa de algodón e botines en pel vacuna.








Colaboracións que ilusionan!!!
Deseñar o océano do catálogo da exposición do centenario da actriz no Kiosko Alfonso, na Coruña. Compartir capa coa fermosa ilustración de Wozniak, imaxe do ano internacional María Casares. Colaborar con Ouvirmos?

