Creando imaxes. Proxecto do colectivo CAOS. Foto de Manu Tenreiro.

Creando Imágenes nos acerca en esta ocasión a As Flairas y su mundo.
Flairas son as que viven. A Flaira é o lugar.
Agroman tinguidas de tolemia, sen vergoñas, frescas na terra da Flaira. Persoas inventadas, familias arcanas do sangue, animais e paisaxes que contornean este universo dunha existencia tan real, coma onírica.
Debuxos e pinturas, trazos que nacen algareiros e retadores, para ao final instalarse, xa acougados, no lenzo ou no papel.
Líricas humanas, líricas paixasísticas, líricas das nosas conciencias e impulsos atávicos, historietas astutas e un fato de sensacións disparatadas, son, a repercusión que toma vida, color e forma, na obra de A Flaira María Rodriguez.